Participación masiva dos estudantes galegos nas folgas do 13 e 14 de abril

Milleiros de estudantes de ensino medio e superior tomaron parte nas folgas convocadas o 13 e 14 de abril contra a LOMCE e o 3+2.

As folgas de estudantes convocadas os pasados mércores e xoves foron un rotundo éxito en toda Galicia, según representantes do sindicato de estudantes. Arredor do 90% dos alumnos da ESO, Bacharelato e ensino universitario non asistiron a clase, mostrando así a súa negativa a LOMCE e ao 3+2, que reduce os graos de 4 a 3 anos, aumenta o tempo dos másters. fusiona titulacións e elimina profesores. Sin embargo, dende a Xunta de Galicia e o ministerio de educación aseguran que o apoio a folga foi minoritario, con total normalidade en colexios e universidades.

huelgzaaaa

Durante a xornada, producíronse algún altercados na entrada de numerosas facultades. Os xa tradicionais piquetes dificultaron o acceso as aulas aos alumnos que si decidiron ir a clase, tamén nas que se estaba impartindo docencia se produciron revoltas, nalgúns casos os alumnos tiveron que abandoar a facultade. Nas facultades de Farmacia e Medicina da USC incluso se chegou a violencia física, e tamén nas lanzadeiras que se dirixían ao Campus Universitario de Vigo. Os piquetes foron numerosos en todas as ciudades universitarias galegas, chegando a vir a Santiago dende outras partes de Galicia só para formar parte destes.

As manifestaciós leváronse a cabo tanto en vilas como en cidades. Na capital galega, a manifestación que remataba na Praza das Praterías foi un rotundo éxito. Según Iria Figueroa, representante de Erger, “Acudiron máis de mil persoas” declarou tamén que “Camiñamos cara o elitismo cultural”. Diego Lorenzo, estudante de xornalismo dixo que si se informara antes da folga e que na manifestación había moita xente. Outra estudante de xornalismo, Cinthya Martínez, afirmou que foi a folga non só por o 3+2 si non tamén por a reválida que lle afectaría ao seu irmán de once anos. Así mesmo, foron moitos os estudantes da ESO e Bacharelato os que quixeron unirse as protestas.

ALUMNOS, SINDICATOS Y OPOSICIÓN CLAMAN EN GALICIA CONTRA EL DECRETO DEL "3+2"

No resto de España, o seguimento da folga foi masivo. Na Universidade Complutense de Madrid a situación chegou a encerros, e en Castilla e León, Murcia, Canarias, Andalucía ou Asturias decenas de facultades estiveron paralizadas. En outras comunidades, comon Extremadura ou Cataluña, o seguimento foi un pouco máis baixo, arredor do 70% . A secretaria xeral do SE, Ana García, declarou que “Non podemos esperar máis con esta situación de emerxencia social que existe na educación pública” e “as medidas do goberno fan difícil que os fillos de traballadores podan estudar”.

Esta é a segunda folga convocada no que vai de ano e sendo ministro de educación Íñigo Méndez de Vigo, ahora en funcións.

 

Deja un comentario